CCOO lidera a actualización do convenio colectivo de PDIL
CCOO amarra dereitos e é a forza que máis propostas coloca na actualización do convenio colectivo de persoal docente e investigador laboral.
CCOO amarra dereitos e é a forza que máis propostas coloca na actualización do convenio colectivo de persoal docente e investigador laboral.
Os sindicatos maioritarios solicitaron unha reunión urxente ao ministro de Función Pública para alcanzar solucións que aseguren a atención sanitaria do funcionariado.
Esta reclamación prodúcese logo da confirmación de que as empregadas e empregados públicos cobrarán o 0,5 % adicional de 2024 comprometido no acordo con CCOO e UGT.
No día de hoxe, 20 de decembro de 2024, tivo lugar na sede central de MUFACE unha reunión extraordinaria do Consello Xeral de MUFACE, que estivo presidida pola secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli. Como único punto da orde do día, información sobre o concerto de asistencia sanitaria de MUFACE 2025-2027.
Comezaron as negociacións na UDC, despois da solicitude de CCOO Ensino, para revisar as condicións laborais do persoal de proxectos e convenios, destacando a falta de dereitos básicos e representación sindical deste colectivo.
A Área Pública de CCOO e UGT Servizos Públicos asinaron un acordo co Goberno que devolve ao persoal funcionario —incluído o pertencente ao Réxime de Clases Pasivas— e estatutario o dereito á xubilación parcial, un avance que equipara estes colectivos co resto dos traballadores e traballadoras en España, que xa gozaban deste dereito.
Tras a mobilización en unidade sindical, promovida por CCOO, parece próximo o final da actual incerteza sobre a atención sanitaria do persoal funcionario, pero é necesario poñer as bases para que esta situación non se repita.
CCOO, UGT, USO, ANPE, ADIDE, USIE, UFP, SUP, ACAIP e SIAT, reclamamos ao Goberno como ás aseguradoras, unha SOLUCIÓN XA, UN ACORDO que dea tranquilidade e calma para a asistencia sanitaria de calidade para 1,5 millóns de persoas funcionarias.
As entidades asinantes piden celeridade ao Goberno para pechar un novo convenio e poñer sobre a mesa un plan de viabilidade para a asistencia sanitaria do funcionariado público.
CCOO alerta de posibles fraudes nos contratos de PDIL tras a LOSU e critica a falta de avances na negociación do convenio por ausencia de boa fe. Advirte que, de seguir así, recorrerá a demandas para defender os dereitos laborais.