Ensino Público
Noelia Sánchez Vaamonde, nova Secretaria Xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia
Guitiriz converteuse durante os días 14 e 15 de marzo de 2025 no epicentro do sindicalismo educativo galego coa celebración do 12º Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia. Un encontro marcado pola renovación e a homenaxe, onde Noelia Sánchez Vaamonde foi elixida como nova Secretaria Xeral, tomando o relevo de Luz López Pérez tras 12 anos de dedicación.
CCOO Ensino na manifestación de Ourense en defensa da dignidade do profesorado
CCOO Ensino, como primeira forza sindical do ensino na provincia de Ourense e a raíz do conflito existente no IES As Lagoas desta cidade, encabezou a manifestación convocada pola Xunta de persoal docente non universitario en defensa da dignidade do profesorado.
CCOO expresa o seu máis enérxico rexeitamento e mostra a súa consternaciónpolo tráxico suceso ocorrido na madrugada do luns, ao tempo que brinda todo oseu apoio e solidariedade á familia e aos compañeiros e compañeiras da vítima
CCOO expresa o seu máis enérxico rexeitamento e mostra a súa consternación polo tráxico suceso ocorrido na madrugada do luns.
Toda a información da Mesa Sectorial sobre o Concurso de direccións 2025
Neste artigo recóllense tanto as intervencións de CCOO Ensino como as respostas da Administración na Mesa Sectorial.
Publicada a adxudicación provisional do CXT, do concurso de Orientación e do Concurso de persoas adultas do corpo de mestras e mestres 24-25
CXT: Orientación: Concurso para centros de persoas adultas: Prazo de reclamacións e renuncias para os tres concursos: do 12 ao 25 de marzo de 2025, ambos incluídos.
CCOO nas manifestacións do 8M
Xa podes revisar as fotos e vídeos da participación de CCOO nas manifestacións do 8M de 2025. Non deixes de buscarte nesta demostración da loita feminista pola igualdade!
CCOO Ensino anima a participar nunha concentración na defensa do profesorado do IES As Lagoas de Ourense
Esiximos o posicionamento do Director Territorial de Educación en defensa do profesorado afectado, a dignificación da nosa profesión e a preservación da dignidade do profesorado, e dende esta Xunta de Persoal Docente tamén facemos un chamamento ao profesorado do ensino público para que participe na concentración que levaremos a cabo o vindeiro mércores día 12 de marzo ás 19:00 horas, na rúa Concello, diante da Dirección Territorial de Educación.
Publicada a resolución provisional do CXT de Secundaria
Prazo de reclamacións: do 5 ata o 18 de marzo de 2025, ambos incluídos.
A Consellería dá marcha atrás na súa intención de subir as ratios máximas de cara ao curso 25-26
As organizacións asinantes do “Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal” – CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP – queremos trasladar á comunidade educativa a nosa posición ante as informacións recibidas nos últimos días sobre a posible vulneración das ratios máximas establecidas no devandito Acordo por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
