CCOO Ensino, como primeira forza sindical do ensino na provincia de Ourense e a raíz do conflito existente no IES As Lagoas desta cidade, encabezou a manifestación convocada pola Xunta de persoal docente non universitario en defensa da dignidade do profesorado.
Centos de docentes participaron para esixir a dignificación da nosa profesión e pola dignidade do profesorado, rematando o percorrido diante da Dirección Territorial de Educación.

