Toda a información da Mesa Sectorial sobre o Concurso de direccións 2025

No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria.

Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración:

 

Aprobación de actas anteriores

Apróbase por unanimidade a acta da mesa celebrada o 25 de febreiro de 2025.

Borrador de Proxecto de orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Modificación de centros que aparecen no borrador:

  • Elimínanse CEIP Isaac Peral (Ferrol), CEIP Plurilingüe Xuño (Porto do Son) e EEI de Verducedo (Moaña).
  • Incorpórase a EEI Fina Casalderrey (Pontevedra).

Debemos comezar a nosa intervención deixando constancia que dende CCOO seguimos demandando:

  • que debería ser o Consello Escolar, máximo órgano no que esta representado a totalidade da comunidade educativa, quen elixa a Dirección do centro educativo.
  • Esta orde debería incluir á totalidade dos centros educativos da rede pública. Non parece razonable que a día de hoxe se siga nomeando nos CIFP “a dedo” ás persoas que van a desempeñar á dirección, obviando á vontade da comunidade educativa.
  • A modificación deste borrador e do de Decreto de nomeamento de direccións 222/2022 mudando o requisito previo de estar en posesión dun curso de formación sobre a función directiva. A LOMLOE si establece no artigo 135.6 que a formación poida relizarse posteriormente, de superar o concurso de méritos. Desta forma non se limitaría tanto a elección, aspecto que en moitos centros é un problema para conseguir direccións estables, dando lugar a nomeamentos extraordinarios de direccións, de forma forzosa e, en moitos casos, ademais de obrigadas/os, tamén carentes da formación precisa.

 

No artigo 2.d) consideramos que deberan incluírse como posibles aspirantes aos dous colectivos:

  • Aquelas/es docentes que están na situación de comisión de servizos noutra comunidade autónoma.
  • As/oss que están nunha praza do estranxeiro no seu último ano e reingresen nun centro da Comunidade Autónoma.

No artigo terceiro  entendemos que deben establecerse garantías para que o proxecto sexa accesible a todo o mundo e para iso é necesario que poida haber un horario amplo, polo que propomos todo o horario de apertura do centro.

O anuncio do prazo e horario para ver os proxectos de dirección debe estar non só no taboleiro de anuncios da sala de profesores, senón tamén nos taboleiros de anuncios do centro, pois debe facilitarse a súa lectura a todos os membros da comunidade educativa (outros/as traballadores/as do centro, nais e pais, alumnos/as en caso dun centro de secundaria, etc.), xa que na comisión de selección non só hai profesorado.

ACEPTADO. CAMBIARASE POR TABOLEIROS DE ANUNCIOS DOS CENTROS.

 

Artigo 5: a sede de actuación da Comisión de selección debe ser o centro educativo. Non ten sentido facer desprazar a todos os membros da Comisión ao Departamento Territorial.

Artigo 7.5: A cualificación outorgada polos membros da comisión debe ser por escrito e secreta. Non pode ser que se faga en voz alta, e, como pasou nalgún centro, que a inspección obrigue aos demais membros a dar a súa nota antes para axustar a deles.

Artigo 11: É lóxico que ante a imposibilidade de elixir por concurso de méritos a un director/a, a administración teña potestade para nomear, pero tamén é necesario poñerse na pel dunha persoa que se ve obrigada a aceptar un cargo que non desexa. Para conciliar ambas situacións e, a pesar de que o nomeamento fose por dous anos, podería abrirse a posibilidade de elixir, ao cabo dun curso, a unha nova dirección se é que nese momento houbese vontade de presentar algunha candidatura e o/a director/a nomeado/a expresara a vontade de non continuar no seu posto.

Por outro lado a Administración debera arbitrar medidas para que se mantiveran os criterios da comunidade educativa dos centros e non se nomeara director/a a ninguén que contara co rexeitamento dos representantes do centro escolar, así mesmo non debera nomear director/a a aquelas persoas aspirantes que tiveran sido sancionados por sentenza penal ou expediente disciplinario por cuestións relacionadas co centro.

Hai unha cuestión que non recolle a Orde e cremos que si debería facelo:

  • Hai que buscar unha solución ás baixas prolongadas dos/as directores/as ou membros do equipo directivo. Debe nomearse a outra persoa con carácter accidental e o nomeamento debe ter recoñecemento tanto a efectos económicos como administrativos.

Tamén consideramos que hai que buscar solución ao dereito a permisos e licenzas e baixas de escasa duración de responsables de centros en unitarias.

VACANTES

As vacantes de centros penitenciarios (EPAPU de Teixeiro e EPAPU Nelson Mandela de A Lama), non deberían estar incluídos na relación, xa que carecen de Consello Escolar, polo que non poderían constituír a comisión avaliadora.

O DECRETO SÓ EXCLÚE OS CIFP. VAN REVISAR COMO SE FIXO NA EPAPU DE A LAMA, PORQUE O SUBDIRECTOR XERAL CRE QUE SE FIXO POR COMISIÓN

 

BAREMO

No Apartado 2.1, consideramos que deberían incluírse os servizos prestados como responsables de centros de menos de tres unidades, xa que as persoas responsables realizan as mesmas funcións que outros directores/as, recaendo sobre estes cargos a totalidade de coordinacións e dinamizacións (lingua galega, extraescolares, etc).

Ao igual que no Concurso Xeral de Traslados, non estamos de acordo con que se inclúa no baremo o recoñecemento de puntuación o desempeño dunha subdirección ou xefatura de servizo en postos da Administración educativa (apartado 2.3), polo que pedimos que se retire este subapartado do baremo.

No apartado de méritos académicos debe incluírse de forma específica o Mestrado de Dirección. A UDC, por exemplo, imparte dito curso desde hai anos e cremos que debe darse puntuación ás persoas que o teñan cursado.

Na valoración de cursos de formación deberanse valorar tamén aqueles relacionados coa prevención de riscos laborais.

Rolda final de intervencións

  • Debemos comenzar a nosa rolda final de intervencións criticando a actitude da Administración, á hora de dar resposta ás nosas solicitudes e suxestións, xa que en moitas ocasións non recibimos resposta de moitos dos temas que levamos redundantemente á Mesa.

  • Da mesma forma, tampouco é de recibo que se nos convocara á última Mesa Sectorial do 25 de febreiro para tratar un documento (o borrador de convocatoria de PIALE) xa remitido facía semanas ao DOG, só basta comprobar o título da Orde (Orde do 31 de xaneiro). Esta actitude amosa unha absoluta falta de respecto por parte da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ás mesas de negociación e á interlocución coa representación legal das persoas traballadoras.
    Chove sobre mollado, xa que non é a primeira vez que se actúa desta maneira. Basta lembrar como foi a “negociación“ da orde de PIALE o curso pasado.

  • Debemos igualmente destacar que nos sentimos enganados coa “promesa” que leva facendo a Administración durante semanas, senón meses, de negociar de forma centralizada na Mesa Sectorial as prazas estruturais de cara ao CXT.

    PROPOSTA DE NOVAS VACANTES PARA O CXT A FINAIS DESTA SEMANA E REUNIÓN PARA O VINDEIRA (XOVES, 20 DE MARZO)


  • Rexeitamos a actuación da Administración na que non se condenan as mobilizacións e actos inxustificados de acoso de nais e pais contra o persoal docente do IES As Lagoas, lembrando que existen uns cauces establecidos e garantistas para as familias para reclamar calquera cualificación ou incumplimento da programación por parte do persoal docente.

    A ADMINISTRACIÓN ESTÁ PARA APOIAR AO PROFESORADO, OBVIAMENTE AS FAMILIAS PODEN TER AS SÚAS OPINIÓNS, PERO SEN TER INXERENCIAS ONDE NON LLES CORRESPONDA. GUSTARÍALLES QUE IMPERASE O SENTIDO COMÚN.
  • Esiximos o pago inmediato e sen máis dilacións ás persoas integrantes dos tribunais de oposicion da convocatoria de 2024, que seguen a estas alturas de curso sen cobrar.

    XA ESTÁN TODOS FISCALIZADOS. PAGARÁNSE AO LONGO DESTE MES.

  • Solicitamos a convocatoria inmediata da comisión negociadora do Plan de Igualdade e a remisión por parte da Administración ás organizacións sindicais da totalidade de datos solicitados na mesma.

    ENTRE MAÑÁ E PASADO ENVIARÁN A CONVOCATORIA PARA O 19 DE MARZO.

  • Esiximos a convocatoria urxente do Comité de eguridade e saúde laboral. Hai case un ano que se convocou o último. Hai que considerar que no mesmo período de tempo que non se convoca o comité autonómico, xa celebramos dous comités na provincia de Ourense, un por trimestre.

    VANSE CONSTITUÍR NO RESTO DAS PROVINCIAS. UNHA VEZ ORGANIZADOS TODOS OS CAMBIOS NA CONSELLERÍA, POÑERASE EN MARCHA O COMITÉ INTERCENTROS.

Outras cuestións aclaradas pola Administración:

  • O luns 17 de marzo, a Administración presentará o baremo unificado para todos os concursos.