Desde CCOO Ensino reclamamos a convocatoria do concurso de atención preferente

Ao ter coñecemento da posibilidade de que a Consellería de Educación non convoque este ano o concurso de atención preferente, desde CCOO Ensino dirixímonos de inmediato á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para reclamar que se proceda á súa convocatoria. Consideramos que non facelo suporía unha grave regresión na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

CCOO urxe á Consellería a tramitación da normativa autonómica necesaria sobre Formación Profesional

Na reunión da comisión permanente do Consello Galego de Formación Profesional celebrada hoxe, analizáronse as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa.
Adicionalmente, desde CCOO instamos á Consellería de Educación a tramitar con urxencia a normativa autonómica necesaria para o desenvolvemento das ensinanzas de Formación Profesional en Galicia durante o curso 25-26 e posteriores.