CCOO mobilizarase o 8 de abril para esixir unha suba salarial, o cumprimento do pactado e a negociación dun novo acordo para o sector público

A Área Pública de CCOO demándalle ao Ministerio de Función Pública o cumprimento completo do comprometido no Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, a convocatoria dunha mesa de negociación para asinar un novo acordo plurianual, así como un incremento salarial significativo que permita recuperar o poder adquisitivo perdido.

Noelia Sánchez Vaamonde, nova Secretaria Xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia

Guitiriz converteuse durante os días 14 e 15 de marzo de 2025 no epicentro do sindicalismo educativo galego coa celebración do 12º Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia. Un encontro marcado pola renovación e a homenaxe, onde Noelia Sánchez Vaamonde foi elixida como nova Secretaria Xeral, tomando o relevo de Luz López Pérez tras 12 anos de dedicación.

CCOO Ensino anima a participar nunha concentración na defensa do profesorado do IES As Lagoas de Ourense

Esiximos o posicionamento do Director Territorial de Educación en defensa do profesorado afectado, a dignificación da nosa profesión e a preservación da dignidade do profesorado, e dende esta Xunta de Persoal Docente tamén facemos un chamamento ao profesorado do ensino público para que participe na concentración que levaremos a cabo o vindeiro mércores día 12 de marzo ás 19:00 horas, na rúa Concello, diante da Dirección Territorial de Educación.