Concentración en Santiago de Compostela por un convenio digno no sector da discapacidade

CCOO convocou este martes unha concentración en toda España (en Galicia, en Santiago de Compostela) para denunciar a actitude inmobilista das patronais do sector e a falta de resposta ás propostas formuladas na negociación do XVI Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade. Case tres anos despois de iniciadas as negociacións, estas continúan en punto morto.

Propostas sen resposta: posibles accións para desbloquear o Convenio de atención á discapacidade

Nas negociacións do Convenio de atención á discapacidade, CCOO atopouse, de novo, coa falta de interese da patronal. A reunión do 7 de febreiro non trouxo melloras significativas, malia presentar propostas para modificar aspectos clave, como os artigos 29.2 e 32. A falta de compromiso das patronais, especialmente na última sesión, leva a considerarmos accións futuras para impulsar a negociación.

Toda a información sobre a reunión no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) do 2 de outubro (Discapacidade)

O pasado 28 de xuño, CCOO solicitou unha mediación na negociación do convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade debido á falta de progreso e á resistencia patronal a implementar melloras para os traballadores.

Froito da reunión mantida o 12 de xullo, retomáronse as conversas o 2 de outubro no SIMA. As organizacións patronais continuaron ignorando a negociación.

Tras a intervención do mediador, acordouse programar reunións específicas:

  • 27 de outubro. Táboas salariais dos centros educativos concertados e non concertados, permisos, artigo 35 e horario nocturno.
  • 8 de novembro. Contratación e clasificación profesional.
  • 23 de novembro. Artigo 29 e artigo 4.
  • 11 de decembro. Artigo 32 e incapacidade temporal.

CCOO urxe á patronal a actuar e colaborar na creación dun convenio que beneficie a máis de 200 000 persoas.

‌infórmaTE