As organizacións patronais de discapacidade seguen teimando en rexeitar as nosas reivindicacións sobre permisos

O pasado 27 de outubro tivo lugar unha reunión da mesa negociadora do XVI Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade para tratar dúas cuestións: táboas salariais dos centros educativos e capítulo de permisos.

En relación ás táboas salariais , chegouse a un principio de acordo, que inclúe un incremento salarial do 4 % para o ano 2023, con excepción das categorías con salarios base inferiores a 1080 €, que terán subas superiores. Ademais, acordouse un complemento mensual de 15 € durante o ano 2023 para traballadores/as con, polo menos, un trienio en certas categorías.

En canto aos permisos, CCOO propuxo a inclusión no convenio dos novos permisos regulados por Real decreto lei no mes de xuño, así como outras propostas. As organizacións patronais teiman en que non poden asumir ningunha medida que represente custo ningún.

Na próxima reunión tratarase contratación e clasificación profesional.