Discapacidade
Asínase o IV convenio colectivo de centros especiais de emprego de Galicia
No día de hoxe, despois de oito xuntanzas de negociación, asinamos o IV Convenio de CEE en Galicia, que terá vixencia ata o ano 2025. Un acordo que cumpre coa meirande parte das expectativas e obxectivos que CCOO se propuxo ao comezo desta negociación.
Foi CCOO quen desde o comezo da negociación, construíndo unha plataforma e presentándoa no tempo acordado, volcouse na defensa dos intereses deste colectivo, acadando finalmente un acordo favorable que poida ser aplicado canto antes.
Sobre esta plataforma traballouse durante toda a negociación, quedando de manifesto, unha vez máis, que somos CCOO os que asumimos maior responsabilidade e implicación coas persoas traballadoras que forman parte deste sector.
Os detalles do acordo, no infórmaTE
Convenio de discapacidade: non se concreta ningún avance na mesa negociadora do 2 de xuño de 2023
infórmaTE Na reunión do 2 de xuño do XVI convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, non houbo avances significativos nos artigos tratados. A proposta de mellora de redacción presentada polo CCOO sobre o artigo 29 foi debatida, pero non convenceu as organizacións patronais. Continuaremos a defender a mellora da redacción actual para garantir a … Ler máis
As organizacións patronais de Atención a persoas con discapacidade levántanse da Mesa e bloquean a negociación colectiva
XVI CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE A Mesa Negociadora do 27 de marzo non se puido celebrar con normalidade, xa que as organizacións patronais decidiron levantarse á media hora de iniciada a reunión e dar por concluída a negociación prevista. infórmaTE en PDF AEDIS, patronal maioritaria, esixiu a condena e rectificación dunha posta … Ler máis
Sentenza da Audiencia Nacional sobre a inaplicación do artigo 32.1
Ante a demanda interposta por CCOO sobre a inaplicación do artigo 32.1, a Audiencia Nacional ESTIMOU TOTALMENTE a nosa pretensión.
XVI Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade
Principais propostas de CCOO
Este documento recolle as achegas máis relevantes da afiliación de CCOO para o desenvolvemento do novo XVI Convenio Colectivo e forman parte da plataforma reivindicativa elaborada para a negociación.
XV Convenio colectivo do sector de discapacidade
