CCOO mobilízase ante o CAD Souto de Leixa (Ferrol) ante a vaga de despedimentos

A Dirección do Centro de Atención a Discapacitados (CAD) Souto de Leixa de Ferrol, centro de titularidade pública da Xunta de Galicia e en administración delegada a cargo de Samaín (grupo CLECE) vén de despedir nos últimos días a cinco traballadoras e traballadores.

Dous destes despedimentos veñen “xustificados” pola patronal por motivos disciplinarios, mentres que os outros tres non fan máis que afondar nunha política de recortes que só diminúe a calidade da atención dispensada ás internas e internos neste centro.

Mañá, 1 de agosto, está prevista unha reunión do Comité de Empresa coa Dirección do CAD Souto de Leixa para tentar reconducir esta situación.