formación profesional
Formación Profesional – Reunión coa DXFP
O pasado 26 de abril, desde CCOO Ensino demandamos unha reunión urxente coa Directora Xeral de Formación Profesional. Finalmente, esa petición foi atendida o mércores 15 de maio, e puidemos trasladar moitas das inquedanzas que nos fai chegar o profesorado de Formación Profesional sobre a planificación do curso que vén derivada da implantación da nova Lei de FP. En primeiro … Ler máis
Resumo da Mesa Sectorial do 16 de maio sobre reais decretos de FP
O Ministerio recoñeceu o carácter informativo da Mesa Sectorial e manifestou que non hai marxe para modificacións relevantes nos textos que irán a aprobación no Consello de Ministros, esta semana ou a seguinte, e que se publicarán no BOE ao día seguinte.
Solicitude urxente de reunión coa Directora Xeral de Formación Profesional
CCOO Ensino vén de solicitar unha reunión urxente á Directora Xeral de Formación Profesional á vista de todo o comentado nas xornadas FP Innova celebradas desde o mércores 24 ata o día de hoxe en Santiago de Compostela.
A escasos cinco meses do inicio do novo curso, aínda non recibimos ningunha comunicación por parte da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre os plans que ten para implantar o novo modelo de FP derivado da Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional.
Borradores das ordes ministeriais dos currículos dos ciclos da nova Lei da FP
Os borradores dos currículos dos ciclos formativos da da nova Lei de Formación Profesional están dispoñibles para consulta pública na web do Ministerio de Educación.
CCOO denuncia o proxecto do MEFPD, que favorece a privatización na Formación Profesional
Esiximos a retirada do proceso de información pública —que se iniciou o pasado 17 de xaneiro— do proxecto de real decreto, por considerar que afectará fundamentalmente ao alumnado máis vulnerable, especialmente pola desregulación das condicións mínimas dos centros de FP e a eliminación da gratuidade dos cursos de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.
