Guía de vacacións, permisos e licenzas 2025

Publicamos a guía de vacacións, permisos e licenzas de 2025 elaborada por CC.OO. da USC Como todos estes anos dende CCOO da USC ofrecemos a todo/as os/as traballadores/as da USC un resumo das instruccións de Xerencia relativas a vacacións, permisos e licenzas para ter unha guía de referencia á hora de saber os nosos dereitos Podes descargala ou imprimila, para … Ler máis

Categorías USC

CCOO APOSTA POLO FEMINISMO SINDICAL COMO ELEMENTO SUBSTANCIAL DE TRANSFORMACIÓN ANTE AS VELLAS ESTRUTURAS E ANTE OS NOVOS MOVEMENTOS REACCIONARIOS

Manifesto de CCOO polo 8M Desde CCOO apostamos polo feminismo sindical como elemento substancial de transformación ante as vellas estruturas e ante os novos movementos reaccionarios. O feminismo sindical é a enerxía que está presente desde a Revolución Industrial, cando as mulleres traballadoras en manufacturas e fábricas loitaron por mellores condicións laborais, protagonizaron folgas, protestaron polos baixos salarios, polas longas … Ler máis

Categorías USC

CCOO CHAMA A DEFENDER A LINGUA GALEGA 

Neste 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, desde CCOO non vemos mellor forma de actuar que chamando a toda a sociedade en xeral a defender a lingua galega este domingo 23 de febreiro en Santiago de Compostela participando activamente na manifestación a favor da lingua galega, baixo o lema Lingua Vital xa. A manifestación organizada pola plataforma Queremos … Ler máis

Categorías USC

Últimos días para solicitar o encadreamento nos graos da Carreira Horizontal

Data límite, xoves 30 de xaneiro  Dende a sección sindical de CC.OO queremos recordar a todo o persoal da USC que este xoves 30 de xaneiro é o último día de prazo para cumprimentar as solicitudes de encadramento e acceso no sistema da Carreira Horizontal no ámbito do PTXAS da USC,posto en marcha coa publicación no taboleiro electrónico da USC da … Ler máis

Concentración  promovida pola Plataforma de profesorado Axudante doutor da USC: animamos a todo o persoal da USC a participar o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 12h diante do reitorado na praza do Obradoiro (fronte ó Colexio de San Xerome)

CCOO comparte e apoia a proposta de estabilización do colectivo de Profesores Axudantes Doutores da USC que estean acreditados a categorías superiores. CCOO tamén considera que o proceso de estabilización debe ser prioritario sen renunciar ao dereito da promoción.  Dende CCOO levamos defendendo historicamente na USC o desenvolvemento equilibrado do tripla proceso de creación de emprego, estabilización e promoción coa intención de asegurar un futuro acorde … Ler máis

Publicada no taboleiro da Sede Electrónica da USC a convocatoria para o encadramento e acceso á totalidade dos graos da Carreira Horizontal

Paso decisivo na mellora das condicións retributivas do PAS da USC   O taboleiro electrónico da USC vén de publicar no día de onte a Resolución reitoral pola que se convoca o Proceso extraordinario de encadramento e acceso aos graos da carreira profesional horizontal no ámbito do PTXAS da USC. Trátase da posta en marcha do acordo asinado en decembro por … Ler máis

Publicado o Calendario Laboral da USC para 2025

Coma todos os anos, a sección sindical de CCOO da USC publicamos o novo calendario laboral para este ano 2025. No calendario contémplanse os días festivos estatais, da comunidade autónoma, os locais de Santiago e Lugo e os festivos propios da USC.Calendario laboral baseado na instrución de xerencia relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para … Ler máis

Acadado un novo acordo na Mesa Xeral de PAS sobre a Carreira Horizontal na USC

Como xa temos dito, a carreira horizontal xunto co desenvolvemento e posta en marcha das promocións e a redución da temporalidade, favorecendo o acceso a funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo, foi nestes anos un dos principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC. En todos estes temas téñense producido avances moi importantes froito da negociación e o … Ler máis