A cota de afiliación sindical a CCOO é un gasto que podes deducir, agora que toca facer a túa declaración anual do IRPF.
Esta dedución acada ata o 35% do total anual das cotas abonadas. Hai que ter en conta que o importe das cotas sindicais non vén precargado no borrador de Facenda, por causa da Lei de protección de datos; polo que deberás cubrir a contía anual da cota sindical no espazo do borrador de IRPF reservado a “Cotas satisfeitas a sindicatos”.
Non é necesario aportar ningunha documentación acreditativa, salvo que Facenda cho solicite con posterioridade. Se se produce esa circunstancia, o xustificante de pago son os mesmos recibos bancarios que xa tes a través da túa entidade financeira. Tamén podes, se aínda non o recibiches, solicitar unha certificación ao sindicato do importe das cotas satisfeitas a CCOO en 2024.
Ademais, co pagamento da cota de afiliación, tamén tes dereito a un seguro de vida gratuíto en caso de accidente, e a unha ampla Oferta de servizos.Por outra parte, máis aló da USC, co pago da túa cota sindical de afiliación:
- Fas posible que a dirección das empresas e as organizacións empresariais non impoñan unilateralmente os seus intereses e decisións, e que as Administracións Públicas teñan máis en conta as nosas demandas.
- Axudas a que CCOO conte cos mellores servicios de asesoramento sindical, xurídico e técnico; que pon á túa disposición como afiliado e afiliada.
- Colaboras para axudar ás traballadoras e traballadores a resolver os problemas e para que se respecten as normativas legais, os convenios colectivos e os dereitos do persoal.
- Axudas á consecución de mellores condicións de traballo, mellores salarios, novos dereitos, a través da negociación e da interlocución coa empresa e coa Administración central e autonómica.
- A forza de CCOO é unha garantía para que se manteña e mellore o sistema de protección social: as pensións, a protección por desemprego, a sanidade pública, a protección ás persoas dependentes.
- O teu respaldo garante a representatividade e as capacidades de reivindicación e de proposta do sindicato. CCOO debe a súa independencia e a súa forza aos afiliados e afiliadas.
Podes acceder aquí para máis información sobre a afiliación.