
Desde CCOO apostamos polo feminismo sindical como elemento substancial de transformación ante as vellas estruturas e ante os novos movementos reaccionarios. O feminismo sindical é a enerxía que está presente desde a Revolución Industrial, cando as mulleres traballadoras en manufacturas e fábricas loitaron por mellores condicións laborais, protagonizaron folgas, protestaron polos baixos salarios, polas longas xornadas, pola necesidade de conciliación e contra a violencia sexual.
Neste momento hai máis mulleres empregadas ca nunca. As mulleres somos actualmente un 46 % da forza laboral e tamén estamos reivindicando mellores condicións laborais. Nesa tarefa, o feminismo sindical énchenos de enerxía e de esperanza porque nos liga á longa cadea de manifestacións de reivindicación e rebeldía das mulleres que nos precederon: as do téxtil, as cigarreiras, as mestras, enfermeiras, dependentas, as xornaleiras, as …
Desde CCOO animamos a todas as mulleres e homes da USC a seguir traballando pola equidade laboral cada día, e de modo especial este 8 de marzo, animamos a sumarse decididamente ás mobilizacións que o movemento feminista convoca nas distintas localidades.
Accede aquí ao texto completo do Manifesto de CC.OO con motivo do 8 M , Día internacional da muller traballadora.
