CCOO e UGT logran recuperar a xubilación parcial para o funcionariado e o persoal estatutario

A Área Pública de CCOO e UGT Servizos Públicos asinaron un acordo co Goberno que devolve ao persoal funcionario —incluído o pertencente ao Réxime de Clases Pasivas— e estatutario o dereito á xubilación parcial, un avance que equipara estes colectivos co resto dos traballadores e traballadoras en España, que xa gozaban deste dereito.

Nefasta xestión na cobertura provisional de prazas de Inspección Educativa

A Consellería de Educación volve demostrar unha xestión deficiente ao abordar a cobertura provisional de prazas na Inspección Educativa. Tralo concurso-oposición celebrado no verán de 2024, no que se ofertaron 11 prazas pero só se cubriron 6, a Consellería optou por un procedemento improvisado e claramente ineficaz para cubrir as necesidades detectadas no servizo de Inspección Educativa ao deixar esas outras 5 vacantes desertas.

Aprobado o regulamento da comisión negociadora do Plan de Igualdade

O pasado 28 de novembro celebrouse unha reunión na que se aprobou o regulamento da comisión encargada de negociar o Plan de Igualdade no ámbito do ensino. Desde CCOO valoramos positivamente a aprobación, xa que a gran maioría das emendas que presentamos foron incorporadas. Este regulamento permitirá avanzar nun marco de traballo organizado, que prevé reunións periódicas a partir de xaneiro para abordar a elaboración do Plan.