Igualdade
A forza transformadora do feminismo sindical – #AfiliadasXuntasFortes
Desde CCOO apostamos polo feminismo sindical como elemento substancial de transformación ante as vellas estruturas e normas patriarcais e ante os novos movementos reaccionarios.
Igualdade real, compromiso sindical
As Confederacións Sindicais de UGT e CCOO, ante a xornada reivindicativa mundial do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, manifestamos o noso firme compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, especialmente no ámbito laboral. É un obxectivo prioritario e irrenunciable polo que traballamos acotío coa nosa actividade sindical en todos os escenarios en que estamos, especialmente nos centros de traballo.
25N: CCOO e o seu compromiso firme fronte ao machismo e as súas violencias
CCOO, como sindicato feminista, traballa e traballará por erradicar as violencias machistas e a discriminación laboral.
Guía de medidas para a igualdade e a non discriminación das persoas LGTBIQ+
Presentamos unha guía sindical clave para acadar a igualdade real e efectiva do colectivo LGTBIQ+.
Protocolo contra a discriminación e o acoso por razón de orientación sexual, identidade de xénero, expresión de xénero, características sexuais e diversidade familiar
O obxectivo é acabar con calquera situación de violencia, discriminación ou acoso contra as persoas LGTBIQ+ nos centros de traballo e así converter os ambientes laborais en espazos seguros.
Día Mundial da Infancia
O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia. Esta data busca sensibilizar a sociedade sobre a importancia de garantir os dereitos fundamentais de todos os nenos e nenas, promovendo o seu benestar e desenvolvemento integral.
Aniversario do voto feminino en España
O 19 de novembro de 1933, as mulleres en España exerceron por primeira vez o dereito ao voto, marcando un fito fundamental na loita pola igualdade. Este logro foi posible grazas á perseveranza de activistas como Clara Campoamor, quen, a pesar das resistencias e críticas, conseguiu que o voto feminino fose incluído na Constitución de 1931. Aquel acto de coraxe e xustiza social permitiulles ás mulleres ser parte activa da democracia e expresarse politicamente.
CCOO reúne case trescentas persoas nunha asemblea sobre os sectores feminizados
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia organizou este martes en Santiago de Compostela unha asemblea sobre traballadoras en sectores feminizados. As case trescentas persoas que se achegaron ata o edificio CINC, na Cidade da Cultura, escoitaron os testemuños de compañeiras de ámbitos laborais que se caracterizan polo gran número de mulleres que traballan neles e, sobre todo, pola precariedade que padecen.
