28 de xuño. Día internacional do orgullo LGTBIQ+.
Ben que cada vez é maior a aceptación social do colectivo LGTBIQ+, tamén é certo que a igualdade real e os centros de traballo aínda non son espazos seguros para todas as persoas traballadoras; os datos indícannos que nos queda un longo camiño por percorrer: máis dun 40 % das discriminacións sufridas por persoas LGTBIQ+ ocorreron no ámbito laboral e máis do 45 % coa denegación dalgún dereito. A isto engadimos o aumento dos delitos de odio e o retroceso en dereitos, fundamentalmente debido ao avance de ideoloxías de ultradereita e ultraconservadoras. É unha realidade que non podemos obviar, por iso:
PARA SEGUIR AVANZANDO, NECESITAMOS ORGANIZARNOS.
Sen organización sindical non poderemos erradicar a precariedade e a falta de dereitos que sofren as persoas do colectivo e tampouco poderemos seguir progresando. Organizarnos require formación e, nisto, CCOO desempeña un papel fundamental, xa que pon a disposición das persoas traballadoras as ferramentas necesarias para formárense.
O 26 de xuño asinouse o regulamento que desenvolve o artigo 15 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, o que suporá un grande avance na igualdade efectiva e a non discriminación das persoas LGTBIQ+. E Comisións Obreiras é imprescindible para que estas medidas se incorporen na negociación colectiva.
En CCOO apostamos por profundar na educación, porque sen ela non poderemos fomentar unha sociedade que coide a convivencia fronte ao odio e a discriminación, e promova a igualdade real e efectiva para todas as persoas.
Feliz e reivindicativo Orgullo!