Mes: Marzo 2021
O Tribunal Supremo (TS) ampliou os supostos de nulidade do artigo 17 do X Convenio Colectivo que a sentenza ditada o 11 de febreiro de 2019 pola Audiencia Nacional
O Tribunal Supremo (TS), por mor da demanda interposta no seu momento por CCOO, ampliou os supostos de nulidade do artigo 17 do X Convenio Colectivo que a sentenza ditada o 11 de febreiro de 2019 pola Audiencia Nacional. Así, o contrato de obra e servizo non se poderá utilizar nos seguintes supostos: – Impartir materias non contempladas nos novos … Ler máis
Convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021
- As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 202, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita.
- As data concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
A Audiencia Nacional establece as datas para a celebración dos xuízos ante as reclamacións rexistradas por CCOO (Centros de asistencia e educación infantil)
O pasado 2 de febreiro as organizacións patronais e sindicais reuníronse no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) ante a iniciativa de CCOO para que se recoñecese o dereito das educadoras a cobrar un diferencial respecto doutras categorías profesionais, xa que as táboas salariais vixentes non recoñecen nin remuneran a maior responsabilidade que supón o seu posto de traballo. … Ler máis
A Xunta de Galicia suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca
A Xunta de Galicia suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca. Segue así a indicación do Ministerio de Sanidade que vén de anunciar a súa suspensión por un principio de prudencia.
A Consellería de Sanidade lembra que o sistema de trazabilidade permite identificar a vacina administrada coa persoa vacinada. Ata o momento, non se produciu en Galicia ningún caso de reacción adversa grave.
IMPORTANTE: Información para persoal coidador e lingüa de signos
CCOO ENSINO INFORMA:
- Respecto as función que veñen recollidas na Orde do….de…de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, CCOO non vai negociar nada na Mesa sectorial de persoal docente.
- Por outra banda hoxe houbo un pleno extraordinario do Comité Intercentros, onde se tratou éste tema e se acordou remitir escrito a Consellería de Educación e a Función Pública, solicitando a súa retirada e a negociación cos representantes do persoal laboral (Comité Intercentros,Mesa Xeral…)
Relación de persoal admitido e excluído en certas listas de interinidades e substitucións (Actualización a 12 de marzo de 2021)
Publicadas no portal de substitucións da Consellería as relacións de persoas admitidas nas listas de diversas especialidade dos corpos de PES, PTFP, Profesorado de música e Artes Escénicas e profesorado de EOI.
Se ampliades podedes ver as especialidades, listaxes de persoas excluídas e prazos de reclamacións
Resolución Provisional Concurso de Traslados do Corpo de Mestres
Publicada a Resolución Provisional do Concurso Xeral de Traslados para o corpo de mestres e a listaxe de persoas excluídas
O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 de marzo ata o 25 de marzo, ambos incluídos.
As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base vixesimo segunda da ORDE e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.gal
