Resolución Provisional Concurso de Xefatura de Departamento de Orientación

Publicada a Resolución Provisional do Concurso de Xefatura do Departamento de Orientación para o corpo de mestres

O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 de marzo ata o 25 de marzo, ambos incluídos.

As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base sexta da ORDE e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.gal

Resolución Provisional Concurso de Adultos. Corpo de Mestres

Publicada a Resolución Provisional do Concurso de Adultos para o corpo de mestres

O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 de marzo ata o 18 de marzo, ambos incluídos.

As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base décimo primeira da ORDE e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.gal

 

Mesa sectorial 16 de marzo

– Grao medio correspondente ao título de técnico en procesamento e transformación da madeira

– Grao medio correspondente ao título de técnico en calzado e complementos de moda

– Grao superior correspondente ao título de técnico superior en química e saúde ambiental

– Grao superior correspondente ao título de técnico superior en termalismo e benestar

Envía as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es

Probas de certificación das EOI para o curso 2020-2021

Publicouse a Circular 1/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se regulan para o curso 2020-2021 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas polo Decreto 81/2018, do 19 de xullo.

O prazo de matrícula nas probas estará aberto dende o 10 ao 26 de marzo.

Máis información:

Publicada a addenda do acordo de interinos asinada por CCOO, Anpe, UGT e CSIF que establece a non obrigatoriedade de presentarse a oposicion para manter o posto na lista de interinos

‌  RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF e FETE-UGT polo que se engade unha nova disposición transitoria ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo)

CCOO reclama da Xerencia o cumprimento dos acordos e un maior respecto aos compromisos en materia de PAS

CC.OO. reclama respecto aos compromisos acadados nas negociacións en materia de PAS Nas últimas reunións do Comité Intercentros, a representación de CC.OO no PAS laboral vén alertando do incumprimento por parte da USC de determinados acordos, así como da falta de respecto aos compromisos acadados nas negociacións en materia de PAS. Estas reclamacións, asumidas por unanimidade no Comité, tamén foron … Ler máis

Ante o 8 de marzo, acción e reivindicación

Ante a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, manifestamos o noso compromiso pola consecución da igualdade real entre mulleres e homes e a eliminación de todas as formas de discriminación e violencia cara ás mulleres, especialmente no ámbito laboral e educativo, que afecta igualmente ás súas fillas e fillos.