Probas de certificación das EOI para o curso 2020-2021

Publicouse a Circular 1/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se regulan para o curso 2020-2021 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas polo Decreto 81/2018, do 19 de xullo.

O prazo de matrícula nas probas estará aberto dende o 10 ao 26 de marzo.

Máis información:

Publicada a addenda do acordo de interinos asinada por CCOO, Anpe, UGT e CSIF que establece a non obrigatoriedade de presentarse a oposicion para manter o posto na lista de interinos

‌  RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF e FETE-UGT polo que se engade unha nova disposición transitoria ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo)