A Audiencia Nacional establece as datas para a celebración dos xuízos ante as reclamacións rexistradas por CCOO (Centros de asistencia e educación infantil)

O pasado 2 de febreiro as organizacións patronais e sindicais reuníronse  no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) ante a iniciativa de CCOO  para que se recoñecese o dereito das educadoras a cobrar un diferencial respecto doutras categorías profesionais, xa que as táboas salariais vixentes non recoñecen nin remuneran a maior responsabilidade que supón o seu posto de traballo. … Ler máis

A Xunta de Galicia suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca

A Xunta de Galicia suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca. Segue así a indicación do Ministerio de Sanidade que vén de anunciar a súa suspensión por un principio de prudencia.

A Consellería de Sanidade lembra que o sistema de trazabilidade permite identificar a vacina administrada coa persoa vacinada. Ata o momento, non se produciu en Galicia ningún caso de reacción adversa grave.

Oposicións 2020: modificación da Orde de convocatoria do 24 de febreiro

ORDE do 5 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A)