CCOO da USC publica o novo calendario laboral para o ano 2021

No calendario contémplanse os días festivos estatais, da comunidade autónoma, os locais de Santiago e Lugo e os festivos propios da USC Calendario laboral baseado na instrución de xerencia relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para o ano 2021 Versión web Versión para imprimir

O persoal interino e substituto que non se presente ós procedementos selectivos a celebrar en xuño de 2021, non será sancionado coa súa exclusión das listas

As OOSS (CCOO, ANPE, FeSP- UGT E CSIF) asinantes do acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Conselleria de Cultura, Educación e Universidade vimos de ter una reunión da Comisión de seguimiento de dito acordo coa administración. Na citada reunión acordamos engadir unha disposición transitoria ao citado acordo.

Tendo en conta  a situación epidemiolóxica motivada pola COVID-19 e as recomendacións das autoridades sanitarias decidimos que o persoal interino e substituto que non se presente ós procedementos selectivos a celebrar en xuño de 2021, non será sancionado coa súa exclusión das listas.

Comunicado conxunto de DE CIG-ENSINO, CCOO-ENSINO, ANPE E FESP-UGT sobre o documento de priorización de colectivos e consideracións sobre a vacinación do persoal dos centros educativos

‌  PREME PARA DESCARGAR O DOCUMENTO DE PRIORIZACIÓN

A Consellería de Educación e as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial vimos de consensuar uns criterios de priorización de colectivos dentro do persoal docente maior de 55 anos que tamén se aplicarán ao persoal non docente e do ensino privado de todas as idades. Non serán de aplicación aos docentes de 55 anos ou menor idade xa que como xa se iniciou, provocaría una maior retraso na vacinación.

Resolución provisional listas de interinidades e substitucións como profesorado especialista nas ensinanzas do CM de FP correspondente ao título de técnico en condución de actividades físico-deportivas no medio natural

‌ Baremo provisional.   ‌ Listaxe de excluídos

Prazo de Reclamacións: desde o 24 ata o 26 de febreiro de 2021, ambos incluídos. 

Para cubrir a solicitude accederase á Sede electrónica e cubrirase o formulario de requerimento de emenda do procedemento ED003A que estará a disposición das persoas interesadas

Non admitirán ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.