Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Os cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega (Celga) poderán solicitalos todas as persoas maiores de dezaseis anos ou as que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

Cambio do período de penalización nas listas (Persoal Laboral)

Por aplicación da disposición adicional terceira da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, durante o período no que dure a situación de emerxencia sanitaria de interese galego o período de penalizaciónestablecido no artigo 18.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, terá unha duración de 6 meses. Así mesmo, por aplicación da devandita disposición, a solicitude de reincorporación … Ler máis