XI Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia

Consulta toda a documentación relativa aos procesos congresuais que se celebrarán na organización nos vindeiros meses e as datas dos mesmos:

 

A xunta de persoal docente da Coruña denuncia o deixamento de funcións do xefe territorial

A Permanente da Xunta de Persoal Docente de Centros Públicos non Universitarios da Provincia da Coruña denuncia a negativa do xefe territorial da Consellaría de Educación a reunirse cos representantes sindicais do profesorado, ao que está obrigado. A Xunta de Persoal Docente non Universitario é a representante dos máis de 12.000 docentes de centros públicos da provincia da Coruña. Para un … Ler máis

22 de febreiro: Data da Asamblea Congresual da Sección Sindical de CC.OO na USC

O 22 de febreiro celebraremos a Asemblea Congresual da Sección Sindical de CCOO na USC, na que poderán participar todas as persoas afiliadas a CC.OO coa cota ao día. Nesta Asemblea temos que elixir secretaría xeral e executiva da Sección Sindical da USC para os próximos 4 anos, e aprobar o Regulamento Interno da Sección Sindical. Por outra parte, tamén … Ler máis

Aclaracións sobre o proceso de oposicións

A Consellería acaba de remitir unhas aclaracións sobre o proceso de oposicións no tocante á adecuación á normativa vixente.

  • Deberase ter en conta que nesa data estarán vixentes certos aspectos da LOMLOE (participación e competencias claustro, Consello Escolar e dirección, autonomía dos centros, selección das direccións e admisión de alumnado); o resto dos aspectos da LOMLOE non se terán en conta por no estar vixentes.
  • Tampouco se terán en conta as normativas conxunturais motivadas pola COVID-19.
  • E para posibles preguntas, a orde de calendario escolar será a do curso 2020-21