Mes: Marzo 2021
Saúde Pública comunícanos que desde hoxe comezarán a vacinar a todo o persoal dos centros educativos de 56 a 65 anos
Vacinarán por orde alfabética comezando na letra H xa que hai doses suficientes para inocularllas a todo o colectivo, que comprende unhas 10 300 persoas (docentes e non docentes de pública e privada).
Saúde Pública confirma que retoma a vacinación incluíndo o persoal de 56 a 65 anos
ℹ️ Ata o domingo, a Consellería de Educación, a través dos equipos directivos, actualizará os datos do persoal menor de 55 anos que aínda estea sen vacinar. ⚠️⚠️⚠️ O chamamento a maiores de 55 realizarase sen orde de prelación no caso de ter vacinas suficientes. Se as vacinas non chegasen para administralas a todo o persoal, seguiríase a orde de prelación acordada. COMUNICARANNOS A FÓRMULA … Ler máis
Xuntanza da Comisión de Persoal do 24 de marzo
O mércores, 24 de marzo de 2021, tivo lugar por videoconferencia a xuntanza da Comisión de persoal coa seguinte orde do día: Modificación da RPT da ATRIGA: esta modificación puntual da RPT da ATRIGA mellora as condicións retributivas dos postos das xefaturas e subxefaturas de inspección, e abre as segundas á súa provisión por persoal do subgrupo A1. Conseguimos, iso si, que se … Ler máis
Xuntanza Comité Intercentros 23 marzo 2021
O día 23 marzo reúnese de forma extraordinaria o Pleno do Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia no que trataron os seguintes puntos na orde do día: Mobilizacións da Consellería de Política Social: Logo de 33 mobilizacións diante dos centros de traballo, 33 mobilizacións nas que as delegadas e delegados de CCOO estivemos ao lado das traballadoras … Ler máis
A Consellería envía instrucións aos equipos directivos para actualizar os datos e retomar a vacinación
Tras o período de suspensión da vacinación con AstraZeneca, revisarase e actualizarase a situación en todos os centros educativos. O formulario de recollida de datos estará dispoñible desde o día 25/3/2021 ata o 28/3/2021, ambos os dous incluídos. Serán os equipos directivos os que enviarán os datos.
