CCOO reclama da Xerencia o cumprimento dos acordos e un maior respecto aos compromisos en materia de PAS

CC.OO. reclama respecto aos compromisos acadados nas negociacións en materia de PAS Nas últimas reunións do Comité Intercentros, a representación de CC.OO no PAS laboral vén alertando do incumprimento por parte da USC de determinados acordos, así como da falta de respecto aos compromisos acadados nas negociacións en materia de PAS. Estas reclamacións, asumidas por unanimidade no Comité, tamén foron … Ler máis

Ante o 8 de marzo, acción e reivindicación

Ante a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, manifestamos o noso compromiso pola consecución da igualdade real entre mulleres e homes e a eliminación de todas as formas de discriminación e violencia cara ás mulleres, especialmente no ámbito laboral e educativo, que afecta igualmente ás súas fillas e fillos.