Xuntanza Comité Intercentros 23 marzo 2021

O día 23 marzo reúnese de forma extraordinaria o Pleno do Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia no que trataron os seguintes puntos na orde do día:

  1. Mobilizacións da Consellería de Política Social: Logo de 33 mobilizacións diante dos centros de traballo, 33 mobilizacións nas que as delegadas e delegados de CCOO estivemos ao lado das traballadoras e traballadores e despois de conseguir o compromiso de Política Social de convocar unha mesa de diálogo dentro do marco do Acordo de Concertación Social, asinado por CCOO, na mesa de reducións de xornada para o persoal a quendas e traballos nocturno e penosos, o tándem CIG + CISF veñen de propoñer continuar coas mobilizacións na Consellería de Política Social.

“Como Xoan Palomo eu mo guiso eu mo como”: CIG e CSIF decidiron abandonar a plataforma unitaria dando de lado as traballadoras e traballadores de Política Social e desde que conseguimos o compromiso de apertura dunha mesa de diálogo pretenden volver a concentrarse diante dos centros.

  1. Problemática intérpretes e coidadores centros de Ensino: Acordamos dirixir de novo escrito á Dirección Xeral de Función Pública solicitando a retirada do texto e a realización dunha denuncia á Inspección de Traballo.
  2. Denegación cobertura postos adscrición temporal/superior categoría: ante as dúbidas orixinadas por parte da DXFP, na disparidade de criterios das distintas Consellerías, na autorización de prazas en adscrición ou superior categoría ao persoal indefinido non fixo e temporal no senso da reserva do posto de orixe do temporal ou indefinido solicitante ou das dúbidas xurídico/administrativas na cobertura dos postos de orixe, acordamos solicitar aclaracións ao respecto.
  3. Cobro carreira profesional persoal indefinido e temporal: desde CCOO apostamos sempre polo principio de non discriminación do persoal temporal no cobro da carreira profesional, proba disto, o Acordo de Mellora do Acordo de Concertación. Acordamos dirixir un escrito á DXFP no senso de non discriminar ao persoal e que a mesmo vínculo laboral igual cobro de carreira.