O 22 de febreiro celebraremos a Asemblea Congresual da Sección Sindical de CCOO na USC, na que poderán participar todas as persoas afiliadas a CC.OO coa cota ao día.
Nesta Asemblea temos que elixir secretaría xeral e executiva da Sección Sindical da USC para os próximos 4 anos, e aprobar o Regulamento Interno da Sección Sindical. Por outra parte, tamén se elixirán os delegados/as que nos representarán nos congresos da Federación de Ensino das comarcas de Santiago-Barbanza e de Lugo-A Mariña.
Tanto a Asemblea como as votacións serán non presenciais a través da plataforma Teams.
As votacións celebraranse o día anterior (21 de febreiro), para elixir:
- Secretario/a Xeral da sección sindical da USC
- Membros da executiva da sección sindical da USC
- 2 delegados/as e 2 suplentes para Congreso Federación Ensino da comarca de Santiago
- 1 delegado/a e 1 suplente para Congreso de Ensino da comarca de Lugo
Para a elección de secretario/a xeral e membros da executiva da sección sindical da USC deberá celebrarse votación, aínda que se presente unha única candidatura. Para os delegados/as dos congresos comarcais só se votará se concorresen varias candidaturas.
As distintas candidaturas poderán presentarse ata o 17 de febreiro, 5 días antes da Asemblea.
Por outra parte, como en todos os procesos congresuais de CCOO, tamén se debaten os documentos programáticos e de política sindical, así como Estatutos dos distintos niveis nos que se organiza CC.OO, aos que calquera persoa afiliada pode presentar emendas; que se debaten e se aproban ou se rexeitan nos congresos comarcais da federación de Ensino.
A través do seguinte enlace podes acceder a toda a información e documentación posta a disposición da afiliación sobre o proceso congresual de CC.OO: XI Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia