O acordo sobre a equiparación das condicións retributivas do persoal de proxectos xa está dando os primeiros pasos

CCOO esixirá na comisión paritaria novos avances Coa súa publicación no DOG, o pasado 24 de novembro, entrou en vigor o Acordo sobre a clasificación profesional e de equiparación de condicións retributivas do persoal de apoio á investigación de Capítulo VI (Persoal de proxectos). Este acordo supón un salto importante polo que significa de concreción nun texto oficial, asumido pola USC e … Ler máis

Elección de destino provisional diversas categorías (PERSOAL LABORAL)

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2021 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro … Ler máis

Toda a información da Mesa Sectorial 2 de marzo

Aclaracións da Consellería: O número de tribunais serán os suficientes para asegurar unha media de 70 aspirantes por tribunal En mestres non hai máis sedes xa que a solicitaron na inscrición. No resto están manexando as seguintes posibilidades a maiores das 7 grandes cidades galegas pero que non son definitivas: Culleredo, Oleiros, Narón, Foz, Sarria, Vilalba, Viveiro, Carballiño, Ribadavia, Allariz, Vilagarcía, Lalín, … Ler máis

CCOO reclamamos a vacinación das persoas non dependentes da Administración pero que traballan en centros educativo (comedores, extraescolares, transporte…)

CCOO reclamamos a vacinación das persoas non dependentes da Administración pero que prestan servizos para ela traballando en centros educativos (comedores, extraescolares, transporte…). Estas persoas realizan idéntico traballo, teñen idéntico risco de exposición e, polo tanto, idéntico risco de contaxio que compañeiros dependentes da Administración que si foron incluídos nos grupos de risco e recibiron a vacina. Non é aceptable que a protección da saúde estea suxeita a un criterio tan arbitrario. 

Xa fomos condenados con salarios e condicións laborais e económicas máis precarias como consecuencia da externalización e privatización de servizos; agora engádeselle a de menor protección e valoración da saúde.

Reclamamos a súa inclusión inmediata nas listaxes de grupos de risco e a aplicación dos mesmos criterios de protección. 

A igual exposición , idéntica protección.

Resolución Definitiva de listas de interinidades e substitucións nas especialidades de Navegación e Instalacións Mariñas e Máquinas, Servizos e Produción

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590): 590109 Navegación e Instalacións Mariñas  ‌ Baremo. ‌ Excluídos.  2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591) 591210 Máquinas, Servizos e Produción ‌ Baremo ‌ Excluídos   Velaquí podes ver a Resolución pola que se convocaron e a orde coas titulacións que dan acceso ás listas por especialidade