Subportada
CCOO esixe que as persoas mutualistas continúen recibindo atención médica e asistencial nas actuais condicións
O sindicato puido confirmar coa Dirección Xeral da entidade mutualista a garantía do servizo prestado e volve insistir na necesidade de revisar tanto as prestacións ofertadas como a calidade do servizo.
Asemblea informativa sobre a participación no CXT 24-25
Mércores 6 de novembro de 2024 – 18:00 a 19:30 horas
Preferencia para persoas afiliadas – Relator: Borja Campos
CCOO maniféstase en contra de prorrogar o VII Convenio Colectivo
Consulta toda a información sobre a reunión da Mesa Negociadora do 29 de outubro.
Oposicións no ano 2025
O Presidente Rueda anunciou hoxe que a Xunta lanzará unha nova oferta de emprego público en 2025 co fin de consolidar o cadro de persoal docente ata chegar ao máximo da taxa de reposición (120 %).
Desta maneira, aínda que non se coñecen as especialidades que se convocarán nin o reparto de prazas por especialidade, si que se pode contar cunha convocatoria de entre 1 000 e 1 500 prazas, na liña das ofertas correspondentes aos últimos exercicios.
Resolución definitiva do Programa PROA+ para os cursos 24-25 e 25-26
Publicada a resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos.
Denuncia ante a Valedora do Pobo pola inadecuada aplicación do “Acordo de medidas de mellora”
No día de hoxe, as tres organizacións asinantes do “Acordo de medidas de mellora” (CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP) presentamos unha denuncia ante a Valedora do Pobo pola inadecuada aplicación que a Xunta de Galicia está facendo deste acordo malia o contido do texto publicado no DOG e asinado polo Presidente Rueda.
Non aceptamos modificacións do Acordo
Ao igual que na mañá do pasado venres, 18 de outubro, faciamos referencia ás 19 interinidades que afloraron como froito das nosas demandas na comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora, non nos queda máis remedio que saír a desmentir á Consellería de Educación na súa publicación un venres á tarde.
Curso presencial. A acción educativa de España no exterior
A Federación de Ensino de CCOO Exterior convoca un curso que se desenvolverá do 22 ao 24 de novembro e que ten como principal obxectivo coñecer os programas educativos do Ministerio de Educación no Exterior e as claves para preparar os procesos de selección.
A comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora segue aflorando novas vacantes
Froito do traballo da comisión de seguimento do “Acordo de medidas de mellora”, na que participanmos as tres organizacións asinantes do mesmo, CCOO, ANPE e UGT-SP, a Consellería publica hoxe no portal de substitutoslistas ata 19 vacantes a cubrir por interinidade, é dicir, ata o 31 de agosto de 2025.
