A Federación de Ensino de CCOO Exterior convoca un curso que se desenvolverá do 22 ao 24 de novembro e que ten como principal obxectivo coñecer os programas educativos do Ministerio de Educación no Exterior e as claves para preparar os procesos de selección.
Teñen unha duración de 18 horas e están recoñecidas polo INTEF do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
É unha actividade de formación PRESENCIAL.
Admitiranse as solicitudes por rigorosa orde de inscrición.
Podes consultar o programa provisional, así como toda a información, nos documentos adxuntos.
Importe da inscrición: 90 € con afiliación / 130 € sen afiliación.
N.º de conta para realizar o ingreso: ES77 2100 2119 1502 0047 9776, indicando no concepto nome e apelidos do participante e título/código do curso para o que se efectúa o pagamento.
Título: A AEEE: oportunidades para docentes no exterior
Código: 236191
Lugar de celebración: Escola Sindical “Juan Muñoz Zapico”, rúa de Longares 6, 28022 Madrid.
Pódese reservar aloxamento na residencia da escola. VER INFORMACIÓN.
Consultas e dúbidas: exterior@fe.ccoo.es
Inscrición: a través da ligazón ao formulario: