Toda a información da Mesa Sectorial sobre a apertura excepcional de listas de determinadas especialidades sen requisito de máster

No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria. Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración: Listas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades nas que, de xeito excepcional, se permite a participación a persoas sen o requisito da formación pedagóxica e didáctica Borrador do texto Intervención de CCOO Ensino … Ler máis

Nefasta xestión na cobertura provisional de prazas de Inspección Educativa

A Consellería de Educación volve demostrar unha xestión deficiente ao abordar a cobertura provisional de prazas na Inspección Educativa. Tralo concurso-oposición celebrado no verán de 2024, no que se ofertaron 11 prazas pero só se cubriron 6, a Consellería optou por un procedemento improvisado e claramente ineficaz para cubrir as necesidades detectadas no servizo de Inspección Educativa ao deixar esas outras 5 vacantes desertas.