Curso en liña: «Presente e futuro: ferramentas para a memoria de prácticas e claves da función docente»

Tes dúbidas sobre a túa memoria de prácticas? Atopa todas as respostas neste curso, completamente en liña.

Este curso está deseñado para o novo funcionariado do ensino público non universitario.
Proporciona as ferramentas esenciais para afrontar con éxito tanto a memoria de prácticas
como os retos do futuro laboral no sistema educativo.

O curso, impartido na plataforma Moodle, combina contidos teóricos, materiais
complementarios e actividades prácticas para que poidas aplicar o aprendido de maneira
efectiva. Mediante exemplos reais, infografías e lexislación actualizada, obterás unha visión
clara e detallada do sistema educativo no que vas traballar.

  • Lugar de celebración: Plataforma de teleformación de CCOO Ensino (Moodle). 50 horas.
  • Datas de celebración: do 8 de xaneiro ata o 16 de febreiro de 2025.
  • Titores/as: Enrique Alonso, Jorge Diz, Patricia Pereira, Marta Prieto, Judit Puente-Dodd, Jorge Vila.
  • Custo: De balde.
  • Prazas: 150.
  • Prazo de matrícula: ata completar prazas.
  • Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos

  • Coñecer os pasos clave para a redacción da memoria de practicas, seguindo exemplos prácticos.
  • Comprender os dereitos e obrigas laborais do novo funcionariado.
  • Adquirir unha visión dos recursos dispoñibles: desde xornada laboral ata promoción interna, pasando por retribucións, mobilidade, compatibilidade e moitas cousas máis.

Contidos

  • A memoria de practicas.
  • O posto de traballo.
  • Os concursos de destinos, comisións de servizos e permutas.
  • Condicións laborais: retribucións, permisos, saúde laboral e itinerancias.
  • Outros aspectos esenciais: compatibilidade, promoción, función directiva, xubilación, etc.

Guía do curso

Formulario de inscrición