Novidades na comunicación das baixas a partir do 1 de abril de 2023 para persoas traballadoras incluídas no Réxime xeral da Seguridade Social

Non é aplicable ao persoal integrado en MUFACE:  – Todos os que accederon despois de 2011  – MUFACE con seguro privado  – MUFACE con seguridade social A partir do 1 de abril de 2023, o persoal non docente e docente non universitario incluído no Réxime xeral da Seguridade Social debe comunicar a situación de incapacidade temporal e a súa previsible duración na páxina web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/, na lapela Comunicación de incapacidade … Ler máis

Participa na enquisa para a elaboración do I Plan de igualdade da Xunta de Galicia (PSEC)

Participa ata o mércores 12 de abril. ‌ Preme para encher a enquisa Seguramente estes días recibiches unha mensaxe con un enlace para participar nunha enquisa que se remite ao persoal empregado público no marco da elaboración do I PLAN DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA. O prazo para poder participar nesta enquisa é ata o pŕoximo 12 de abril e dende CCOO … Ler máis

Convocadas actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero (PSEC)

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres … Ler máis

Convocatoria para a elección de destino provisional para as persoas que superaron o proceso selectivo de persoal subalterno

O prazo para elixir destino é do 27 ao 31 de marzo (ambos incluídos). Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino remitirán ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso. En caso de que a persoa non o recibise correctamente, no prazo de hoxe e mañá (do 22 ao 23 de … Ler máis

Convocado curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos, empresarios/as e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. ‌ Inscrición na páxina da EGAP. Prazo de presentación de solicitudes: … Ler máis