Participa ata o mércores 12 de abril.
Seguramente estes días recibiches unha mensaxe con un enlace para participar nunha enquisa que se remite ao persoal empregado público no marco da elaboración do I PLAN DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA.
O prazo para poder participar nesta enquisa é ata o pŕoximo 12 de abril e dende CCOO animámoste a que PARTICIPES ACTIVAMENTE.
Canta mais participación haxa, mellores serán os datos para elaborar o I PLAN DE IGUALDADE, para recoller a situación real do persoal empregado público da Xunta de Galicia e das súas entidades instrumentais.
NON DEIXES NOUTRAS MANS A TÚA RESPONSABILIDADE E RECORDA:
Podes cubrir a enquisa dende calquera ordenador, tablet o dende o teu móbil, pero que cada enquisa debe cubrirse dende un dispositivo distinto (unha enquisa, un dispositivo).
Se non recibes a enquisa ou tes al dúbida para completala contacta cos delegados/as de CCOO.
Non está dentro deste plan de igualdade o persoal docente da Consellería de Educación, como tampouco o persoal sanitario da Consellería de Sanidade, por canto o dito persoal é obxecto de tratamento específico noutros plans de Igualdade.
O do Sergas xa está publicado e o de Educación non existe. Xa se pediu iniciar a negociación en varias ocasións na mesa sectorial e de momento non temos resposta.