Na Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as tratáronse temas clave da Lei de igualdade de Galicia

Na Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as do 17 de abril de 2023, discutíronse varios temas relacionados co emprego público dentro da nova Lei de Igualdade efectiva entre homes e mulleres de Galicia, que está a ser tramitada como anteproxecto de lei. Entre as cuestións tratadas, destacan a necesidade de aumentar a formación en igualdade de xénero para o persoal da administración pública, a creación dunha unidade de igualdade na Consellería e a inclusión de medidas para as persoas opositoras en situación de parto. Ademais, solicitouse a traslación de certas condutas tipificadas no antigo artigo 61 do Decreto lexislativo 2/2015, que incumprían gravemente o persoal funcionario, estatutario ou laboral, ás conductas sancionables da Lei de emprego público de Galicia. Finalmente, discutíuse a necesidade de incorporar a terminoloxía da Lei 4/2023 relativa á igualdade real e efectiva das persoas trans e á garantía das persoas LGTBI.

‌ infórmaTE en PDF