A Comisión de persoal convocada para o día 17 de abril de 2023 tiña un único punto na súa orde do día:
Modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente a Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais (especialidade persoal de limpeza e cociña).
Esta RPT do persoal de limpeza e cociña podería estar publicada en torno ao 1 de maio.
A Comisión de persoal convocada para o día 17 de abril de 2023 abordou a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente a Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais (especialidade persoal de limpeza e cociña).
A Comisión aprobou a funcionarización do persoal de limpeza e cociña, que inclúe un incremento neto das súas retribucións do entorno dos 800 euros anuais, e que se situen no nivel mínimo de complemento de destino 10, para evitar tratar de forma diferente ás traballadoras de cociña e limpeza respecto ao persoal ordenanza e subalterno, máis masculinizado.
Ademais, informáronnos da apertura dun prazo para que os integrantes das correspondentes listas do antigo grupo V de limpeza e cociña, poidan anotarse á lista unificada de persoal funcionario, sen necesidade de pago de taxas.
También recibimos información ao respecto das seguintes informacións:
- Enxeñería agronómica, agrícola e de montes, están en fase de presentación de méritos.
- Promoción interna: nunhas semanas iniciarase a negociación, pero a convocatoria destes procesos non é un tema prioritario nestes momentos.
- Lista admitidos estabilización: está pendente que nestes días pasen un cronograma ao respecto.
- Participación enquisa de igualdade: mañá informarán na comisión de igualdade.
- Orde integración do Consorcio está pendente de informe de asesoría xurídica.
- RPT funcionarización Medio Rural: xa están traballando nela.