Novas PSEC
Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4
As probas realizaranse en Santiago de Compostela (Celga 1-4) e en Ponferrada (Celga 2-4).
As probas terán lugar en maio/xuño de 2023.
Ampliación de prazo para resolver o acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto e de carreira administrativa (PSEC)
Amplíase o prazo para resolver a convocatoria de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto e de carreira administrativa, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2022, por un prazo de tres (3) meses.
Convocadas actividades de formación continua en materia de idiomas (PSEC)
- Modalidade presencial e teleformación.
- Os idiomas inclúen lingua de signos.
- Inscrición en https://egap.xunta.gal/matricula/.
- Pódese solicitar inscrición en tres actividades formativas, como máximo.
- Só se poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado.
- Convocatoria en PDF
- Os cursos que se ofertan pódense atopar no Anexo II da Convocatoria
- Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4170.
Publicadas listaxes provisionais de persoas admitidas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno
A listaxe de persoas admitidas e excluídas pódese consultar no portal web de Función Pública.
O prazo para que as persoas excluídas, ou que non figuren, reclamen son dez días hábiles contados a partir do día 21 de febreiro (incluído).
Nota informativa da Xunta para emendar causas de exclusión nas listaxes provisionais (PSEC)
En relación coas listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, infórmase sobre a posibilidade de emenda das causas seguintes:

O proceso para emendalas pódese consultar no documento en PDF.
Publicadas listas definitivas de contratación (PSEC)
RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
As listas poden consultarse das seguintes maneiras:
- En internet, en https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/consulta-das-listas-decreto-37-2006
- No Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012.
- Nas oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes).
Convocados cursos de lingua galega gratuítos Celga 2, 3 e 4
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega de 70 horas preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos ofrécense en dúas modalidades: presenciais e en liña.
Plataforma para realizar a inscrición
