A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos, empresarios/as e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Inscrición na páxina da EGAP.
Prazo de presentación de solicitudes: do 17 ao 27 de marzo de 2023, ambos incluídos.
Curso de 60 horas de duración, en modalidade de teleformación. Do 18 de abril ao 16 de xuño de 2023. Tres edicións, cen prazas por edición.
Contido:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.