A patronal do ensino concertado bloqueou o asinamento das táboas salariais para 2022 e 2023. Na reunión da Mesa Negociadora, para 2022, as organizacións patronais propoñen non asinar ningún incremento para o PAS nin para o resto do persoal de niveis non concertados. Para 2023, rexeitan incrementar o 2,5 % en pagamento delegado ata que o Ministerio de Facenda informe por escrito de que asume o 0,5 % das cotizacións. Tampouco fixeron ningunha proposta sobre o SMI e a súa aplicación en 2023, a pesar de térmola solicitado.
A patronal non aceptou nada do exposto polas organizacións sindicais e a reunión rematou sen acordo. As organizacións sindicais imos iniciar unha campaña informativa ás persoas traballadoras e iremos tomando as decisións máis adecuadas para conseguir o xusto obxectivo que formulamos: que todas as persoas traballadoras teñen un incremento salarial equivalente ao experimentado polos módulos dos concertos e unha solución para a aplicación do SMI.
Toda a información, no documento en PDF.