Novidades na comunicación das baixas a partir do 1 de abril de 2023 para persoas traballadoras incluídas no Réxime xeral da Seguridade Social

Non é aplicable ao persoal integrado en MUFACE:
  – Todos os que accederon despois de 2011
  – MUFACE con seguro privado
  – MUFACE con seguridade social

A partir do 1 de abril de 2023, o persoal non docente e docente non universitario incluído no Réxime xeral da Seguridade Social debe comunicar a situación de incapacidade temporal e a súa previsible duración na páxina web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/, na lapela Comunicación de incapacidade temporal. Non é necesario que se suba ningún parte médico (de baixa, confirmación ou alta).

‌ Instrución da Dirección xeral de centros e recursos humanos