Publicado o procedemento para a acreditación da competencia dixital docente

‌ Orde (DOG) ‌ Portal da Competencia dixital docente ‌ Normativa  ACTUALIZACIÓN: consulta toda a lexislación publicada sobre a Competencia Dixital Docente A orde establece os procedementos para obter a acreditación da competencia dixital docente, regula as diferentes convocatorias e as comisións de análise e avaliación e establece o contido do certificado da acreditación e a súa inscrición e rexistro. A ORDE do 1 … Ler máis

Publicada resolución pola que se exclúen das oposicións ás persoas que obteñen praza no concurso extraordinario de méritos

‌ Resolución ‌ Web da consellería Tal e como anunciamos tralas reunións técnicas coa Subdirección Xeral de Recursos Humanos, as persoas que obteñen praza no concurso de méritos non poden presentarse ao concurso-oposición por non cumprir os requisitos da convocatoria, xa que se atopan pendentes do nomeamento como funcionarios de carreira. Si poderán presentarse ao concurso-oposición aquelas persoas que se presenten a especialidades de … Ler máis

CCOO Ensino reúnese co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para esixir a modificación do concurso xeral de traslados

Hoxe, venres 12 de maio, reunímonos co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentámoslle un documento demandando que a Consellería se coordine co Ministerio para establecer unha regulamentación transitoria para o concurso xeral de traslados. Esta regulamentación debe garantir a participación do profesorado que supere o proceso selectivo por concurso extraordinario de méritos en igualdade de condicións cos outros colectivos … Ler máis

Pleno do Observatorio Estatal de Convivencia Escolar

O MEFP asume a proposta de CCOO dun Plan Estatal de Saúde Mental e Benestar da comunidade educativa

Este integrarase no marco da revisión do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar, e inclúe a necesidade de achegar medios materiais e humanos para atender á saúde mental e benestar emocional de alumnado, familias e de traballadores/as dos centros educativos. O secretario de Estado de Educación, José Manuel Bar, asumiu a proposta de CCOO no pleno celebrado o 3 de maio. … Ler máis

Fondo de Acción Social: axudas de carácter social

Publicado hoxe no DOG a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2022, relativa á axuda para a atención de persoas con discapacidade.  A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm.  Prazo: presentarase dentro do prazo dos dez días … Ler máis

Publicada en DOG a convocatoria de PIALE para o ano 2023

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 28 de abril ata o 22 de maio de 2023, ambos incluídos. ‌ Procedemento de solicitude en https://www.edu.xunta.gal/piale/ ‌ Orde do 20 de abril de 2023 (DOG) A Consellería convoca actividades formativas para o profesorado no estranxeiro para mellorar a súa competencia en comunicación lingüística en linguas estranxeiras e promover a internacionalización do sistema educativo. Dentro … Ler máis

Convocatoria do concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos (AMPLIACIÓN DE PRAZO)

Prazo de presentación de solicitudes: AMPLIACIÓN DO PRAZO ATA O 8 DE MAIO(Prazo orixinal) 15 dias habiles dende o día seguinte en publicación en DOG (polo tanto do 10 ao 28 de abril, ambos incluídos) ‌ ORDE do 24 de marzo de 2023 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que … Ler máis

Resposta de CCOO ante a gravidade das mentiras contidas no correo masivo enviado por ANPE no día de hoxe

Dende CCOO lamentamos profundamente ter que facer unha excepción na nosa política de non contestar aos ataques doutras organizacións sindicais. O feito de ter que desmentir as noticias falsas difundidas por outros réstanos tempo para realizar a nosa función principal, que non é outra que acadar melloras laborais para o profesorado galego. Esperamos non ter que facelo de novo no … Ler máis