Resposta de CCOO ante a gravidade das mentiras contidas no correo masivo enviado por ANPE no día de hoxe

Dende CCOO lamentamos profundamente ter que facer unha excepción na nosa política de non contestar aos ataques doutras organizacións sindicais. O feito de ter que desmentir as noticias falsas difundidas por outros réstanos tempo para realizar a nosa función principal, que non é outra que acadar melloras laborais para o profesorado galego. Esperamos non ter que facelo de novo no futuro e que entre as distintas organizacións sindicais aprendamos a remar xuntos na mesma dirección.

Dende CCOO lamentamos profundamente ter que facer unha excepción na nosa política de non contestar aos ataques doutras organizacións sindicais. O feito de ter que desmentir as noticias falsas difundidas por outros réstanos tempo para realizar a nosa función principal, que non é outra que acadar melloras laborais para o profesorado galego. Esperamos non ter que facelo de novo no futuro e que entre as distintas organizacións sindicais aprendamos a remar xuntos na mesma dirección.

ANPE acusa a CCOO de viláns no correo masivo enviado no día de hoxe ao profesorado. 

Para isto parte dunha falsedade absoluta ao afirmar que “xa advertía ao Ministerio de Educación na Mesa Sectorial educativa que os funcionarios que se nomeasen tras o proceso extraordinario de estabilización por concurso de méritos (que contemplaba o Acordo subscrito pola Administración Pública e as organizacións sindicais anteriormente sinaladas) irían ao concurso de traslados con toda  a puntuación…”. Por riba, indica que agora en CCOO estamos a cambiar o discurso.

A realidade documentada contradí a información dada por ANPE. O 5 de xullo de 2021 CCOO, UGT e CSIF chegamos a un acordo co Ministerio de Política Territorial e Función Pública no que se contempla a oferta de todas as prazas de carácter estrutural para reducir a temporalidade mediante un proceso extraordinario de concurso-oposición e por tanto con fase de prácticas. Hai que ler o acordo para saber que non se contemplaba o concurso de méritos, polo que naquel momento era imposible que ninguén que superase o proceso puidese participar no primeiro concurso de traslados con toda a puntuación. 

Enlace ao acordo asinado polo Ministerio, CCOO, UGT e CSIF (ver apartados A.PRIMERO e A.SEGUNDO)

ANPE, en lugar de presentar o acordo, amosa capturas de pantalla dunha publicación nun xornal e oculta deliberadamente o feito de que se fala de prazas estruturais e ás que se accederá por concurso-oposición, construíndo desta maneira un relato intencionadamente falso. ANPE non pode presentar ningún documento de acordo no que CCOO avale o concurso de méritos, xa que NON EXISTE.

Posteriormente, o Goberno trasladou o acordo ao RDL 14/2021 introducindo algún pequeno cambio e levouno ao Congreso dos Deputados para tramitalo como proxecto de lei. Foi nesa tramitación, por acordo de varias forzas políticas, cando se cambiou o concurso-oposición por un concurso de méritos, como consecuencia da aritmética parlamentaria para poder aprobar a Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2022. Cunha simple consulta á Lei 20/2021, pódense comprobar as enormes variacións producidas respecto do acordo asinado por CCOO uns meses antes.

As acusacións deben ir acompañadas de probas e, polo tanto, animamos a ANPE a que presente o acordo subscrito por CCOO onde se contemple o concurso de méritos.

CCOO advertiu dende o primeiro momento que o concurso de méritos presentaba moitas dúbidas xurídicas. E dende ese mesmo instante, advertiu dos problemas que se xerarían no CXT. A nosa proposta foi  modificar o RD que regula o CXT para, a través dunha Disposición Transitoria, dar solución a unha situación que non se contemplaba no momento da súa redacción. Era imposible por aquel entón dar cabida á casuística do acceso mediante concurso de méritos. Chamamos a atención sobre esta problemática tanto na Mesa Sectorial do Estado, como no Consello Escolar do Estado e na Mesa Sectorial en Galicia.

CCOO non considera acaído que as persoas que se nomeasen funcionarias de carreira tras o proceso extraordinario de estabilización participen no primeiro CXT con toda a puntuación que lles correspondería polos servizos prestados con carácter interino ao non ter que pasar por unha fase de prácticas. É discriminatorio e representa un agravio comparativo tanto para os que aproben o proceso de concurso oposición no 2023, que si terán fase de prácticas, como para os e as funcionarias de carreira anteriores.

Por este motivo, volvimos a solicitarlle ao Ministerio que recapacite e inicie a modificación do RD que regula o CXT.