Publicada en DOG a convocatoria de PIALE para o ano 2023

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 28 de abril ata o 22 de maio de 2023, ambos incluídos.

‌ Procedemento de solicitude en https://www.edu.xunta.gal/piale/

‌ Orde do 20 de abril de 2023 (DOG)

A Consellería convoca actividades formativas para o profesorado no estranxeiro para mellorar a súa competencia en comunicación lingüística en linguas estranxeiras e promover a internacionalización do sistema educativo. Dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030, promóvense diferentes plans e actuacións para mellorar a competencia comunicativa e ofrécense itinerarios formativos para revitalizar e potenciar contidos e aspectos lingüísticos. O Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), que se convoca agora, é unha destas actividades.