Asemblea aberta sobre a situación actual da negociación colectiva en educación infantil 0-3
Asemblea telemática, por Google Meet. Martes, 12 de marzo, ás 20:00
Asemblea telemática, por Google Meet. Martes, 12 de marzo, ás 20:00
Recentemente, a CIG lanzou un comunicado malintencionado dirixido a CCOO, UGT e USO. Vémonos na obriga de desmentir acusacións, afirmacións carentes de veracidade e de informar á afiliación e ás persoas traballadoras da realidade laboral e sindical no ámbito das Escolas Infantís 0-3.
Ante o comunicado enviado pola CIG ás traballadoras do sector das Escolas Infantís na véspera do comezo da campaña de recollida de sinaturas, desde CCOO, UGT e USO defendemos a continuidade da unidade sindical e apostamos por continuar traballando arreo polas traballadoras do sector co fin de superar canto antes este bloqueo e conseguir dignificar as condicións laborais.
Aspiramos a un convenio xusto, con salarios e condicións laborais que dignifiquen o noso traballo e que nos permitan VIVIR en lugar de sobrevivir, así como mellorar a calidade educativa.
CCOO participa nun novo acto de mediación no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA).
O SIMA é o Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe.
Na reunión celebrada onte, 15 de xaneiro, as patronais reafirmaron as súas propostas canto a retribucións e incapacidade temporal (IT). Con respecto a este último punto, é importante recordar que CCOO xa o cualificara como moi negativo anteriormente, argumentando que representa un recorte na única mellora introducida polo convenio colectivo, sen xustificación ningunha.
Na reunión celebrada este 18 de decembro evidenciouse, unha vez máis, que as discrepancias entre as propostas formuladas por CCOO e as organizacións patronais seguen sendo moi importantes.
Nunha nova demostración de forza e unidade, centos de traballadoras de educación infantil 0-3 tomaron as rúas de Vigo e A Coruña hoxe, reivindicando mellores condicións laborais e salarios xustos. Esta xornada de protesta, que continuou a desenvolverse baixo o lema "Por un convenio digno e salarios xustos. Polo desbloqueo das negociacións", marca un punto culminante nunha serie de mobilizacións que veñen celebrándose dende xuño.