Continuamos coas mobilizacións pola infantil 0-3
POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS! APOIA A LOITA! ÚNETE ÁS PRÓXIMAS CONVOCATORIAS! Manifesto conxunto Cartel 13 decembro
POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS! APOIA A LOITA! ÚNETE ÁS PRÓXIMAS CONVOCATORIAS! Manifesto conxunto Cartel 13 decembro
As recentes reunións revelaron un novo bloqueo das patronais nas negociacións do convenio da educación infantil 0-3. Mentres CCOO propón melloras integrais, os incrementos salariais propostos pola patronal son insuficientes, e continúan a xerar preocupación pola posibilidade de que existan salarios por baixo do SMI en 2024. Namentres, o sindicato USO opta por pechar as negociacións e as traballadoras manteñen a presión por unhas condicións máis xustas.
O bloqueo continúa, e as mobilizacións planeadas tamén.
infórmaTE: toda a información das reunións do 24 de novembro e do 1 de decembro
A cuarta xornada de manifestacións, esta vez en Santiago de Compostela, contou con 800 persoas, superando as participacións anteriores.
A cuarta data, anunciada por CCOO xa en outubro, contou co apoio doutras organizacións sindicais que se sumaron ás esixencias que permitirán mellorar, a través da negociación colectiva, a situación de precariedade á que se enfrontan milleiros de empregadas do sector.
Este terceiro día de folga e manifestación demostrou que a reivindicación non se debilita, ao contrario, medra día tras día. A pesar das inclemencias climáticas e dos servizos mínimos abusivos, o colectivo continúa acudindo masivamente ás manifestacións, e a súa indignación só aumenta. As traballadoras da educación infantil 0-3 de Galicia están decididas a non dar un paso atrás ata que se atendan as súas demandas e se lles recoñezan os seus dereitos.
O próximo chamamento á acción está fixado para o 15 de novembro, con convocatoria única en Santiago de Compostela. Agardamos que a mobilización continúe aumentando tanto en número como en intensidade.
Despois do éxito das dúas primeiras convocatorias de folga e da manifestación do pasado 28 de outubro en Madrid, convocamos a terceira xornada das catro previstas:
FOLGA e manifestacións o mércores 8 de novembro
POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!
NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!
Logo das exitosas primeiras xornadas de folga e da concentración do 28 de outubro en Madrid, hoxe celebrouse unha nova reunión da Mesa Negociadora. Sentimos informar de que as negociacións coas organizacións patronais non avanzaron, xa que rexeitamos as propostas insuficientes plantexadas.
Dado que a situación segue sendo practicamente a mesma, desde CCOO facemos un chamamento:
CONTINUAMOS COAS DÚAS XORNADAS DE FOLGA PREVISTAS PARA O 8 E O 15 DE NOVEMBRO
CCOO valora positivamente o seguimento da mobilización estatal, convocada hoxe en Madrid, contra a precarización nas escolas infantís privadas
Unha gran multitude, proveniente de distintas comunidades autónomas e que contou coa presencia dun numeroso e implicado grupo de traballadoras e delegadas sindicais galegas, concentrouse na céntrica Praza de Callao para defender ás traballadoras do primeiro ciclo de Infantil que arrastran unha situación laboral precaria desde hai anos e cuxa solución segue bloqueada na Mesa de Negociación pola negativa das patronais para poñerlle fin cunhas condicións dignas para a importante tarefa que desempeñan.