CCOO celebra outra xornada de éxito nas folgas de Infantil 0-3

Dende a primeira xornada, o pasado 19 de outubro, o apoio ás convocatorias de folga en Educación Infantil 0-3, instadas por CCOO, foi gañando en participación, o que consideramos moi positivo. E a experiencia de hoxe, 15 de novembro, na que tamén se contou co apoio doutras organizacións sindicais, nun forte sinal de unidade para conseguir as melloras necesarias, volveu demostrar, cun seguimento masivo (do 90 % en todo o Estado), que hai unha forte sensibilización entre as traballadoras do sector, así como por parte das familias e da sociedade en xeral.

As reivindicacións sindicais mantéñense inalterables: mellorar os salarios, reducir as ratios e as xornadas laborais e favorecer a estabilidade do emprego; en suma, todas aquelas medidas necesarias para rematar cunha precariedade persistente no sector que non podemos seguir permitindo, pois non se corresponde coa responsabilidade que asumen nin coa formación que se lles esixe.

Así, o apoio brindado ata o momento permite aumentar a presión de cara á próxima mesa de negociación, prevista para o 24 de novembro, na que as patronais terán outra oportunidade para avanzar substancialmente na mellora das condicións do primeiro ciclo de Infantil. Se a súa actitude volve ser a mesma das dúas últimas mesas, CCOO xa vén deixando claro que continuará coas convocatorias de folga nos próximos meses.

Fotografía da manifestación