Segunda xornada de folga en educación infantil 0-3: éxito masivo
Segunda xornada de folga, cunha participación masiva ao igual que a primeira celebrada o pasado día 19 de outubro, a pesar dos servizos mínimos abusivos, na liña dos anteriores.
Empresas de xestión directa (privadas 100%) seguen vulnerando o dereito fundamental á folga.
CCOO xa denunciou esta práctica a semana pasada ante Inspección de Traballo e a nosa asesoría xurídica demandará todos os abusos cometidos.
