Reunión da Mesa Negociadora do convenio de infantil: unha nova decepción

Logo das exitosas primeiras xornadas de folga e da concentración do 28 de outubro en Madrid, hoxe celebrouse unha nova reunión da Mesa Negociadora. Sentimos informar de que as negociacións coas organizacións patronais non avanzaron, xa que rexeitamos as propostas insuficientes plantexadas.

Dado que a situación segue sendo practicamente a mesma, desde CCOO facemos un chamamento:

  • Ás traballadoras do sector, para que redobren a súa presión nas rúas, acudindo ás concentracións e sumándose aos seguintes paros convocados polo sindicato.
  • Ás familias, para que se impliquen e participen en todas as iniciativas propostas.
  • Ao resto de organizacións sindicais, para que se sumen ás xornadas de folga convocadas para o 8 e o 15 de novembro. É o momento de unirmos forzas en defensa dos intereses das persoas ás que representamos, máis alá das discrepancias que poidamos ter en momentos puntuais.

 infórmaTE

CONTINUAMOS COAS DÚAS XORNADAS DE FOLGA PREVISTAS PARA O 8 E O 15 DE NOVEMBRO