CCOO valora o esforzo da nova proposta do Goberno de suba salarial para as empregadas e empregados públicos, que agora temos que estudar

O Executivo elevou dun 10 % a un 11 % a proposta de aumento de soldo e emprázanos a unha nova reunión o luns 24 de novembro para seguir negociando esta e outras materias que debe recoller o novo acordo plurianual.

A área Pública de CCOO valora o esforzo do Goberno, que este xoves presentou a segunda oferta de suba salarial do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública para as empregadas e empregados públicas, que eleva dun 10 % a un 11 % a súa proposta inicial de aumento de soldo.

O Executivo emprazou a CCOO a un novo encontro, que terá lugar o vindeiro luns, 24 de novembro, e o coordinador da área Pública do sindicato, Lucho Palazzo Gallo, subliñou que é o momento de estudar detidamente esta oferta e dar unha resposta responsable que permita desbloquear a conxelación salarial que, de facto, sofren as persoas traballadoras do ámbito público.

Nesa reunión do luns, ademais de abordar a proposta salarial, poñeranse sobre a mesa outros asuntos que afectan o emprego público, como melloras nos servizos públicos, no emprego, nos procesos selectivos, tanto dos de acceso como de promoción interna, na atención á cidadanía, na igualdade e non discriminación, en saúde laboral, benestar e prevención de riscos laborais, na capacitación profesional e na adaptación ás novas tecnoloxías.

Para poder chegar a un acordo, ademais, é imprescindible que o Goberno se comprometa ao cumprimento dos capítulos pendentes de execución do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, como desbloquear e recuperar a xubilación parcial, a plena implantación da xornada de 35 horas e a clasificación profesional de técnico superiores e de grao medio, entre outros asuntos.